Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2022 Páx. 49186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de setembro de 2022 polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de construción dunha glorieta no punto quilométrico (p.q.) 4+120 da AC-116 e conexión co polígono empresarial Río do Pozo, con clave AC/20/101.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 1 de setembro de 2022, aprobouse provisionalmente o proxecto de construción dunha glorieta no p.q. 4+120 da AC-116 e conexión co polígono empresarial Río do Pozo, coa clave AC/20/101.06, no concello de Narón (A Coruña).

A actuación proxectada consiste na construción dunha glorieta no p.q. 4+120 da AC-116 na intersección coa estrada DP-5408 e coa vía local de acceso á zona de costa e conexión co polígono empresarial Río do Pozo, que substitúa a intersección en cruz con carrís centrais de xiro á esquerda e cuñas de aceleración/deceleración, existente actualmente, e coa finalidade de mellorar a seguridade viaria da zona. Así mesmo, para completar a conexión directa entre o polígono e a AC-116, executarase tamén unha nova glorieta no p.q. 3+630 da dita estrada.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese este proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos desta resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Narón (praza de Galicia, s/n, 15570 Narón).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos) está á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Glorieta no p.q. 4+120 da AC-116 e conexión co polígono empresarial Río do Pozo, coa clave AC/20/101.06.

Concello de Narón.

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Propietario/s

DNI

Sup. exp. (m2)

Clase

Uso do solo

Bens afectados

(unidades nº e lonxitude m)

1

15001B506003390000PR

506

339

Bestilleiro Vilas, María Antonia

Losada Sánchez, José Marcos

***2364**

***9174**

177

Urbano

Solo sen edif.

Árbore froiteira (3)

2

15001B506003380000PK

506

338

Vilas Rodríguez, Alicia

Vilas Rodríguez, Dolores (hros.)

Vilas Rodríguez, José Luis

Vilas Rodríguez, Manuel (hros.)

***9204**

***9470**

***1346**

***2317**

17

Urbano

Solo sen edif.

3

15001B506010260000PX

506

1026

Vilas Rodríguez, Alicia

Bestilleiro Boado, Manuel (hros.)

***9204**

***8734**

64

Urbano

Solo sen edif.

4

15001B506003360000PM

506

336

---

---

5

Rústico

Agrario

5

15001B506003350000PF

506

335

Rico Beade, Félix Ángel

Fachal Taboada, María Manuela

***9206**

***6762**

152

Rústico

Agrario

Árbore porte mediano (2)

6

000101600NH58D0001IP

506

334

Rico Beade, Félix Ángel

Fachal Taboada, María Manuela

***9206**

***6762**

20

Rústico

Espectáculos

7

15001B506008080000PP

506

808

---

---

95

Rústico

Agrario

8

15001B506003330000PL

506

333

---

---

71

Rústico

Agrario

9

5001B506003320001AA

506

302

Lago Rodríguez, Francisco Javier

***8620**

3

Urbano

Residencial

10

15001B506003310000PQ

506

331

Rodríguez Lesta, José Antonio (hros.)

***2523**

114

Rústico

Agrario

11

15001B506010240000PR

506

1024

Rodríguez Lesta, José Antonio (hros.)

***2523**

67

Rústico

Agrario

12

15001B506003290000PP

506

329

---

---

15

Rústico

Agrario

13

15001B506003300000PG

506

330

Vaamonde Martínez, Avelino

***2319**

347

Rústico

Agrario

14

15001B506003210000PU

506

321

Meizoso Iglesias, Gloria María

***1959**

88

Urbano

Industrial

Árbore froiteira (1)

Malla simple torsión (1)

Sebe (1)

19,7

19,7

15

000101000NH58D0001MP

13

---

Barbeito Barbeito, Erundina

***2885**

66

Urbano

Residencial

Xardineira (5)

16

15001A013007820000JP

13

782

Seoane Barreiro, Victoria

---

72

Urbano

Solo sen edif.

17

15001A013005070000JE

13

507

Patiño Seoane, Josefa

***7948**

46

Urbano

Solo sen edif.

18

8984105NH5888S0001FG

508

5

Couceiro Rodríguez, Josefa

Fernández Varela, Manuel (hros.)

***9218**

***8483**

21

Urbano

Residencial

19

8984104NH5888S0000RF

508

4

Fernández Varela, Manuel (hros.)

***8483**

270

Rústico

Agrario

Muro de fábrica para valado de parcela (1)

22,3