1.- Organiza: Delegación de Alumnado da Escola de Minas e Enerxía.
2.- Percorrido e distancia: Escola de Minas e Enerxía - Alto Monte do Galiñeiro (7 km)
3.- Dificultade: media -baixa.
4.- Persoas destinatarias: a actividade está dirixida a toda a comunidade universitaria da Universidade de Vigo (alumnado, PAS e PDI), comunidade alumni e colectivos vencellados á Uvigo.
5.- Punto e hora de encontro: ás 19.00 na porta de entrada da Escola de Minas e Enerxía.
6.- Outra información xeral de interese:
1.- Entidade que presta o servizo: Marexada.
2.- Lugar de celebración: Illa de San Simón.
3.- Persoas destinatarias: comunidade universitaria UVigo, comunidade alumni, persoas vencelladas á Uvigo e persoas externas (permitirase unha persoa acompañante por cada participante da comunidade universitaria).
4.- Inscricións: as persoas farán primeiro unha pre-inscrición a través desta web. En canto se chegue ao número minimo de persoas necesario para conformar o grupo, aquelas que fixeran a pre-inscrición recibirán un correo electrónico avisándolles de que fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 h. No caso de non facelo, perderá o dereito a reserva da dita praza.
5.- Punto de encontro: A actividade non inclúe o transporte. As persoas participantes presentaranse ás 11.15 h na Praia de Cesantes (Redondela) para o reparto de material e explicación da actividade, con introducción á navegación en kaiak.
6.- Horarios: a actividade comeza ás 11.30 h e ten unha duración aproximada de 2 h.
7.- Información complementaria:
- Hai que levar chanclas, bañador e toalla. O resto do material (licra, neopreno, chaleco salvavidas, gafas e aletas) corre a cargo da organización.
- A actividade inclúe unha andaina pola propia Illa de San Simón e se as condicións o permiten snorquel nos arredores da illa.
- A actividade consiste nunha travesía/excursión en kaiak pola enseada de San Simón, na que se realizarán diferentes paradas de interese como a estatua de Xulio Verne e a lenda do Nautilus. Visitaremos as dependencias da illa a través dun percorrido guiado polas súas instalacións, no que realizaremos un percorrido histórico por este ben de interese cultural, a súa importancia para a cidade de Vigo e o seu posicionamento estratéxico nas batallas de Rande. Finalmente faremos unha pequena parada nos illotes de San Bartolomé e San Norberto, onde coñeceremos a auténtica lenda dos naufraxios de Rande.
- Obrigatorio saber nadar.
- A partir dos 14 anos. As persoas que teñan entre 14 e 17 anos ralizarán a actividade acompañadas do seu pai/nai ou titor/a legal.
- É preciso contar cunha condición física que permita meterse na auga, padexar, cargar coa embarcación e camiñar unha distancia aproximada duns 4 km.
1.- Entidade que presta o servizo: Arrepións.
2.- Lugar de celebración: río Miño (Arbo).
3.- Persoas destinatarias: Comunidade universitaria UVigo, comunidade alumni, persoas vencelladas e persoas externas (permitirase unha persoa familiar directa ou en análoga relación como acompañante por cada participante da comunidade universitaria).
5.- Transporte: a inscrición na actividade incluirá o transporte ata o punto de encontro, sempre e cando se complete un microbús entre as persoas participantes de Pontevedra e Vigo. Este microbús sairá aproximadamente ás 9.00 dende Nakasa Interiorismo na Praza de Galicia de Pontevedra e ás 9.30 da rúa Areal, 52 de Vigo. A volta será sobre as 14.30 h. Para posibles saídas dende o Campus de Ourense, consultar coa Área de Benestar, Saúde e Deporte do campus.
6.- ¿Como chegar ao punto de encontro?: https://g.page/Arrepions?share
- As persoas participantes deberán levar bañador, toalla, tenis para mollar e útiles de ducha. O resto do equipamento (casco e chaleco homologado, traxe e escarpíns de neopreno de 5 mm.) corre a cargo da empresa.
- É obrigatorio saber nadar.
- Unha vez efectuado o reparto do material o grupo subirá 9 km no autobús da empresa ata o embarque. Alí daránselles as explicacións necesarias sobre a colocación do material, remar e, sobre todo, de seguridade. Despois comezará o descenso do río que durará sobre 1.30 h. Unha vez terminado o percorrido, chegarase ás instalacións da empresa para tomar unha ducha quente e dar por finalizada a actividade.
- Idade mínima a partir dos 16 anos.
1. Entidade organizadora
A actividade está organizada polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e desenvolverase no muro de escalada situado no pavillón de deportes do campus de Vigo.
2. Persoas destinatarias
Persoas socias do club Peña Trevinca ou persoas da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS), cónxuxes e descendentes directas destas maiores de 6 anos.
3. Procedemento de inscrición
Realizar a inscrición a través do correo electronico escalada@trevinca.es ou chamando ao 692 613 790. Unha vez feita, as persoas da comunidade Uvigo, cónxuxes e fillos/as destes deberán inscribirse nesta actividade do campusactivo para activar o seguro deportivo da Universidade e que non sexa necesario federarse.
4. Prezos
A actividade terá o mesmo custe para a comunidade universitaria e os seus descendentes que para as persoas socias do Club Peña Trevinca (25 €/mes grupo infantil-xuvenil e 33 €/mes resto de grupos).
1. Entidade que presta o servizo: Tierra y Mar
2. Persoas destinatarias: comunidade universitaria UVigo, comunidade alumni, persoas vencelladas á Uvigo e persoas externas (permitirase unha persoa acompañante por cada participante da comunidade universitaria).
3. Transporte: por conta das persoas usuarias.
4. Punto de encontro: o grupo terá que estar nas instalacións indicadas á hora concertada, onde se lles dará o material preciso e unhas pequenas nocións teóricas. A continuación comezará a práctica nunha zona próxima.
5. Horarios: sábado a partir das 10.00 h. Indicarase previamente a cada participante a hora exacta da súa actividade. A actividade dura aproximadamente 20 minutos.
6. Información complementaria
- Para esa actividade, as persoas participantes deben levar bañador, chanclas, toalla e útiles de ducha. O resto do equipo falicítao a empresa colaboradora.
- Para a realización desta actividade é obrigatorio saber nadar e ser maior de 16 anos.
- Esta actividade está totalmente desaconsellada para mulleres embarazadas, persoas con patoloxías graves de costas ou pescozo, persoas con otite e persoas con luxacións de ombreiros ou xeonllos.
1.- Entidade que presta o servizo: Buceo Illas Cíes
2.- Persoas destinatarias: comunidade universitaria. No caso de quedar prazas libres abrirase a inscrición ao público en xeral ata completar o grupo.
3.- Punto de encontro: as persoas participantes presentaranse ás 09.00 h. no muelle 49-A de Bouzas para as saídas ao mar nas Illas Cíes. Nestes puntos de encontro realizarase o reparto do material e as explicacións teóricas sobre a actividade e os elementos básicos de seguridade.
4.- Información complementaria:
- Para esta actividade as persoas participantes deberán levar bañador, chanclas, toalla e útiles de ducha. O resto do equipo facilitarao a empresa colaboradora.
- Para a realización desta actividade é obrigatorio saber nadar e ser maior de 12 anos.
- Esta actividade está desaconsellada para mulleres embarazadas, persoas con otite, sinusite ou perforación de tímpano, persoas con epilepsia, con episodios repetidos de perda de coñecemento, de neumotórax espontáneo ou quistes pulmonares. No caso de hipertensión e diabetes débese consultar co persoal técnico responsable da actividade.
Mínimo 30 prazas para facer a actividade
PREZO DA RUTA.
Aboarase unha vez que se peche a preinscrición e se confirme a praza.
- COMUNIDADE UNIVERSITARIA 160€
- PERSOAS EXTERNAS 260€
PREINSCRIPCIÓN:
Orden de asignación das prazas, en caso de cubrirse as prazas.
HABITACIÓNS
Serán habitacións triples e dobres compartidas.
PROGRAMA
SÁBADO 18 DE MAIO
Almorzo
Traslado das participantes ata Taramundi Roteiro dá Auga PR-AS 17 (16Km – Dificultade Media), inclúe visita a un taller obradoiro de navallas e coitelos en Esquíos.
Xantar tipo picnic na roteiro Visita libre á Vila de Taramundi
Cea e Aloxamento non Hotel San Briz na Pontenova
DOMINGO 19 DE MAIO
Almorzo Traslado dous participantes ata a praia das Catedrais Tempo libre na praia dás Catedrais (30-45min)Roteiro dende a praia das Catedrais ata illa Pancha (13 Km –
Dificultade Baixa)
Xantar non Lar de Carmiña perto dá praia dás Catedrais
Regreso aos destinos das participantes
Inclúe:
Transporte desde os puntos indicados e durante todo o programa. 2 noites de aloxamento na Pontenova en réxime de Pensión Completa (Hotel San Briz) Habitacións dobres (Existen tanto habitacións con dúas camas, como con cama de matrimonio, asignaranse as habitacións unha semana previa á saída)
O réxime de pensión completa está composto de:
2 almorzos, 1 xantar , 1 xantar tipo pícnic, 2 ceas
1 xantar no restaurante Lar de Carmiña en Ribadeo
Contaremos con 1 Vehículo de apoio para asistencia nos roteiros
Seguros de responsabilidade civil e de accidentes.
A Pontenova
Nunha contorna natural incomparable da zona occidental da provincia lucense, a medio camiño entre o mar e Asturias, sitúase o concello da Pontenova. A historia desta poboación está estreitamente vinculada á minería. O seu topónimo leva a pensar que outrora existiu outra ponte que servía para atravesar o río Eo.
Desta maneira, conectaba ambas as ribeiras onde, desde tempos remotos, existían xacementos minerais.
No século XVIII houbo dous fenómenos sociais que afectaron as terras de Miranda. Un deles foi a fundación da gran fábrica de Sargadelos, no Concello de Cervo, lugar do cal saíron os ladrillos que serviron para construír os fornos das minas de Vilaoudriz. O outro factor que condicionou a vida destas terras foi, xa no século XIX, o inicio da explotación dos xacementos de limonita por parte dunha sociedade vasca.
Taramundi
En ningún outro lugar da xeografía peninsular española terán as nosas muvers a oportunidade de admirar unha colección de testemuños histórico-artísticos, arqueolóxicos e etnográficos tan impresionante vinculados coa civilización castreña como no concello de Taramundi.
Desde un castro ata monumentais dispositivos hidráulicos, pasando polos cortines, muíños, corripas, mazos, ferrerías e os tres tipos tradicionais de almacéns elevados para conservar o gran e os alimentos (hórreos, cabazos e paneras), este municipio asturiano conta coa maior cantidade de museos etnográficos, en pleno
funcionamento e abertos todo o ano, de toda a Península.
Cultura castrexa O castro de Taramundi, descuberto nos anos oitenta, conserva a esencia da cultura castrexa.PROGRAMA
VENRES 17 DE MAIO
Traslado das participantes dende Pontevedra, Vigo e Ourense ata A Pontenova.
Roteiro das Minas (11,8 Km – Dificultade Media)
Xantar non Restaurante San Briz ao rematar a roteiro Tarde libre.
*Opcional: Descenso en kaiak do río Eo, Btt na vía verde
1.- Entidade que presta o servizo: Prado Surf.
2.- Persoas destinatarias: comunidade universitaria UVigo, comunidade alumni, persoas vencelladas á Uvigo e persoas externas (permitirase unha persoa acompañante por cada participante da comunidade universitaria).
3.- Contidos:
1ª Hora: explicación do material a utilizar, normas de seguridade na auga e quecemento muscular e estiramentos.
2ª Hora: práctica de remada, toma de ondas tumbado, explicación da técnica do "Stand Up" e práctica do "Stand Up".
4.- Punto de encontro: sede de Prado Surf Escola na Praia de Patos- Nigrán (é un local de madeira que está ao pé da praia con un rótulo no que figura: ESCOLA GALEGA DE SURF). Consulta aquí a súa localización exacta en Google Maps
5.- Transporte: non está incluido coa inscrición na actividade. As persoas que queiran ir en transporte público deben coller o autobús da empresa Lugove. Consulta os horarios aquí.
6.- Equipamento: o único que se necesita levar é un bañador / bikini, chanclas e toalla. O resto do equipamento pono a empresa.
7.- Horario: a actividade comeza ás 16.30 e dura 2 horas aproximadamente.
8.- Idades: a partir dos 8 anos e sen idade máxima. As persoas entre 8 e 15 anos deberán contar coa autorización do seu pai/ nai ou titor/a legal.
9.- Requisito: saber nadar.
1. Entidade que presta o servizo: Tierra y Mar.
4. Punto de encontro: grupo terá que estar nas instalacións indicadas á hora concertada, alí se lles dará o material preciso e unhas pequenas nocións teóricas. A continuación comezará a práctica nunha zona próxima.
5. Horarios: a actividade comezará a partir das 10.00 h e se lle indicará previamente a cada participante a hora exacta da súa quenda. A duración é aproximadamente duns 20 minutos por persoa.
6. Información complementaria:
- Para esa actividade, as persoas participantes deben levar bañador, chanclas, toalla e útiles de ducha. O resto do equipo facilitarao Tierra y Mar.
- Para a realización desta actividade é obrigatorio saber nadar e ser maior de 12 anos. As persoas entre 12 e 17 anos deberán contar con autorización.
- Esta actividade está totalmente desaconsellada para mulleres embarazadas, persoas con patoloxías graves de costas ou pescozo e luxacións de ombreiros ou xeonllos ou otite.
1.- Entidade que presta o servizo: Tierra y Mar
2.- Lugar de celebración: Liceo Maritimo de Bouzas (Vigo).
4.- Transporte: por conta das persoas usuarias.
5.- Punto de encontro: á hora concertada o grupo terá que estar nas instalacións da Liceo Maritimo de Bouzas, onde se lles dará o material preciso e unhas pequenas nocións teóricas. A continuación comezará a práctica nunha praia próxima.
6.- Información complementaria:
- Para esa actividade as persoas participantes deberán levar bañador, toalla, tenis para mollar e útiles de ducha. O resto do equipo facilitarao a empresa colaboradora.
- Para a realización desta actividade é obrigatorio saber nadar e ser maior de 12 anos. As persoas entre 12 e 17 anos deberán achegar autorización escrita.
1. Descricion: esta actividade enmárcase dentro do proxecto europeo Trail4Future e consiste nunha carreira de orientación onde as persoas participantes tenrán que localizar diferentes balizas distribuidas por unha zona acotada do campus, seguindo algún tipo de estratexia e exercitando diversas habilidades brandas como a xestión do tiempo, a fixación de obxectivos, o traballo en equipo, a persistencia, a toma de decisións colectiva, o estres... apoiándose no seu equipo e nun mapa. A organización proporcionaralle ás persoas participantes o material necesario.
2. Persoas destinatarias: calquera persoa interesada. Non son necesarios coñecementos nin experiencia previa.
3. Inscrición: as inscricións poderán realizarse ata as 14.00 h do xoves 2 de maio no seguinte enlace: carreira de orientación Trail4Future
4. Punto e hora de encontro: 10:00 na porta do pavillón unversitario