VIGO – SANTIAGO DE COMPOSTELA XACOBEO 2022 Camiño Portugués pola costa Etapas: 1ª. Sábado 14 de Maio de 2022. Etapa Vigo – Pontevedra (25/35 kms)
2ª. Domingo 15 de Maio de 2022. Etapa Pontevedra – Caldas de Reis (23 kms)
3ª. Luns 16 de Maio de 2022. Etapa Caldas de Reis – Padrón (21 kms)
4ª. Martes 17 de Maio de 2022. Etapa Padrón – Santiago de Compostela (24 kms)
Etapa 1. Vigo – Bergunde - Pontevedra (sábado 14 de maio)
Iniciamos o noso excitante percorrido dende a Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA) próximo ao porto de Teis con vistas magníficas á enseada de Teis Ubicación maps: https://goo.gl/maps/6ojiWVKvYpPwTHe68 Avenida da Mariña Española S/N Hora estimada de inicio: 08:00h Autobús Ourense – Vigo Hora estimada de saída dende Bar Perla (Campus Sur): 06:45h
Este variante pola costa do camiño de Santiago nos primeiros 13 km. pasa polas seguintes localidades: Barrio da Mouta, Paradela, Parada, Cidadelle, A Igrexa, Cabanas, O Cruceiro, Redondela Avituallamento/Control: 10:45/11:00h en Redondela. Tras deixar o vila de Redondela o noso seguinte itinerario contará con 12 kms ata chegar a Bergunde e pasará polas seguintes localidades: O Coto, San Pedro, Tuimil, Soutoxuste, Arcade, A Ponte, O Souto, Cacheiro, Bergunde
Comida/Control: 14:00/14:30h en Bergunde (Comida de catering) Neste punto as usuarias que desexen poden optar ou ben realizar a totalidade do percorrido ata Pontevedra ou ben ir no autobús ata o fin de etapa.
Percorrido despois do xantar: A Boullosa, O Alcouce, O Rial, Santa Marta, percorreremos a variante polo río Tomeza ata chega a Estación de Autobuses de Pontevedra. (Ata o Hotel pasaríamos polas rúas Eduardo Pondal, rúa Peregrina ata chegar ao hotel.)
Etapa 2. Pontevedra – Caldas de Reis (Domingo 15 de Maio)
Hora estimada de saída dende Hotel: 08:00 / 09:00h Percorrido: Dende o Santuario da Peregrina e a praza da Ferraría, o trazado urbán do camiño vai polas seguintes rúas: Praza Curros Enríquez, rúa Real descendendo caro o río. Atravesamos a praza García de la Riega, rúa da Ponte e Praza García Escudero cruzando posteriormente o río Lérez. Tras deixar Pontevedra o noso percorrido continuará por: A Gándara, Pontecabras, Guxilde, San Caetano, San Amaro Avituallamento/Control: San Amaro (Capela) Km 9,5 A continuación os seguintes localidades que atravesamos no noso itinerario tras o control de paso por San Amaro: Faxil, Monllo, (área recreativa do río Barosa), O Cruceiro, Tivo, Os Castaños, O Pazo, Moreiras, Caldas de Reis.
Etapa 3. Caldas de Reis - Padrón (Luns 16 de Maio)
Hora estimada de saída dende Hotel: 08:00 / 09:00h Tras deixar o Hotel Sena tomaremos a rúa San Roque para alcanzar a capela do mesmo Santo na N-550. Pasaremos polas seguintes localidades no noso itinerario: O Cruceiro, Carracedo, As Cortiñas, Gorgullón, As Cernadas, Magariños e O Pino Avituallamento/Contro en O Pìno Km 10. Despois do avituallamento o noso camiño continúa por: A Eirexe, Cima da Vila, Fontelo, Condide, Pontecesures, Padrón, Iria Flavia, Pedreda.
Etapa 4. Padrón – Santiago de Compostela (Martes 17 de Maio)
Hora estimada de saída dende Hotel: 08:00h Tras deixar o Hotel Scala percorreremos as seguintes localidades: Romarís, O Souto, A Rúa, Tarrío, O Vilar, A Escravitude, Cruces, A Angueira de Suso, O Areal, A Picaraña, A Rúa de Francos. Avituallamiento/Control: Capela San Martiño (Rúa de Francos) Km 10 Antes de comezar a parte final en Santiago de Compostela pasaramos por: Casalonga, Osebe, Milladoiro, O Porto, A Rocha Vella, A Rocha Nova. Toda vez en Santiago de Compostela as rúas a percorrer son: Avda. Liberdade, rúa Tras o Castro, Avda. Rosalía de Castro, Avda. Xoan Carlos I, Parque da Alameda, Rúa do Franco e Praza do Obradoiro. Hora estimada de chegada: 14:30/15:00h - Comida ou ben de catering ou ben restaurante. - Selado de Credenciais - Entrada a Catedral
Hora de saída de Santiago de Compostela estimada de regreso a Vigo e Ourense: 19:00h
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra.
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blog http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.