BOPPO número 102

luns, 30 de maio de 2022

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Provincial

Deputación Provincial

Outros documentos, notificacións e informacións públicas

OUTORGAMENTO DA CONDICIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS DO PROXECTO " PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL"

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 27 de maio de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

24.31785.- OUTORGAMENTO DA CONDICIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS DO PROXECTO “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2022/2023 NO MARCO DO PLAN DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE (Expte. 2022014749)

Resultando que a Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do 26 de novembro de 2021, aprobou o Plan de fomento da empregabilidade da Deputación de Pontevedra (acordo nº 28.31031) e está composto, entre outros, polo proxecto “Primeira experiencia profesional” nos concellos da provincia de Pontevedra.

Resultando que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do día 8 de abril de 2022, adoptou, entre outros, o acordo (nº 3.31569) de aprobación das bases reguladoras e convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o citado proxecto que foron publicadas no BOPPO nº 74 do 19 de abril de 2021.

Resultando que finalizado o prazo de presentación a totalidade das solicitudes recibidas, que ascenden a 36, cumpren os requisitos esixidos nas bases para obter a condición de entidades colaboradoras.

Considerando que a instrución do procedemento realizouse de conformidade co previsto nas bases do citado proxecto e en concordancia co establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia e demais lexislación aplicable.

En virtude de iso, vistas todas as solicitudes presentadas e visto o informe-proposta do xefe de servizo de Promoción de Emprego de data 24 de maio de 2022 que di:” (...) A través desta subvención financiarase unha parte do custo laboral total dun contrato formativo que deberá ser por un período máximo dun ano a tempo completo. O salario non poderá ser inferior ao 70% para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente ao nivel de estudos e funcións desempeñadas e, en ningún caso, poderá ser inferior ao SMI vixente.


As entidades colaboradoras deberán completar a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios anteriormente indicados asumindo o custo total da Seguridade Social e demais conceptos salariais que poidan derivar da relación contractual con cada persoa traballadora baixo a modalidade de contrato formativo.

(...)

A contía máxima das subvención que se concederán por cada contrato formativo segundo o nivel de estudos serán as seguintes:

1781.png

Vista a dilixencia de fiscalización e conforme de intervención en relación ao informe proposta do servizo de Promoción de Emprego de data 24 de maio de 2022.

Por todo o exposto, e de conformidade co establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e demais lexislación concordante de aplicación e nas bases reguladora e convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o proxecto “Primeira experiencia profesional” nos concellos da provincia de Pontevedra 2022/2023 no marco do Plan de fomento da empregabilide., a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:

1º.- Outorgar ós concellos solicitantes a condición de entidades colaboradoras que se relacionan no Anexo I xunto co número de contratos, nivel de estudos solicitado, a duración e a contía de subvención.

Transcorrido o prazo de 10 días, contados desde o día seguinte á publicación no BOPPO, sen que se producise manifestación expresa da aceptación por parte das persoas beneficiarias entenderase tacitamente aceptada, de acordo co artigo 21.5 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

2º Autorizar o gasto con cargo á aplicación orzamentaria 22/240.2410.489.00 polo importe total de 613.200,00€ para cada un dos concellos que figuran como entidades colaboradoras seleccionadas e na contía que se relaciona no Anexo I. Así mesmo, autorizar o gasto por un importe de 613.200,00€ na aplicación, que será no seu caso, 23/240.2410.489.00 quedando condicionada á aprobación do orzamento do exercicio 2023.

3º Publicar o acordo no BOPPO e na web da institución provincial e a súa notificación, no seu caso, ás partes interesadas.

1873.png
1907.png
1943.png
1977.png
2012.png

NOTA INFORMATIVA: O contido da versión HTML deste anuncio ten carácter meramente informativo e está dispoñible nesta páxina para comodidade do cidadán. O anuncio con validez legal é a versión PDF asinada electronicamente.