A celebración dos Premios María Casares serán o 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro da Coruña

Un total de 30 espectáculos e máis de 320 profesionais concorren aos XXVI Premios de Teatro María Casares, galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa fundación en 1997. O proceso de inscrición finalizou o pasado 10 de marzo rexistrando unha gran participación ao inscribírense un total de 30 montaxes e 327 candidaturas de profesionais que se postulan para as catorce categorías nas que se dividen os premios: maquillaxe, vestiario, iluminación, escenografía, música orixinal, texto orixinal, adaptación-tradución, actor secundario, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.

Tras a fase de inscrición, a AAAG iniciou xa a primeira rolda de votacións, aberta xa a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas. Dese xeito, ademais do corpo asociativo da AAAG, poderán votar responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e as persoas finalistas en edicións anteriores. Das súas votacións, sairán os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha das catorce categorías, que se darán a coñecer a finais de abril na tradicional Festa de Finalistas, que se celebrará na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia. O prazo de votacións estará aberto até o 18 de abril ás 15.00 h.

Os Premios de Teatro María Casares son o gran escaparate do teatro, así como a gran festa para toda a profesión teatral. Este ano, a entrega celebrarase o vindeiro 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro. Ese día entregarase ademais o Premio de Honra Marisa Soto, que se lle concede cada ano como homenaxe a unha persoa ou a unha entidade, e lerase o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro, que neste 2022 redactou o actor Fernando Dacosta.

Espectáculos inscritos nos XXVI Premios de Teatro María Casares

 

Espectáculo Compañía
1 …e poñerán esposas ás flores… Stracciatella Teatro
2 A cazola de Lola Tanxarina
3 A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño Centro Dramático Galego /
Companhia de Teatro de Braga
4 A Illa da deslembranza Ártika Cía
5 A lúa vai encuberta Incendiaria / A quinta do Cuadrante
6 A parábola do angazo Talía Teatro
7 Alén A Formiga Producións Teatrais
8 Ás para Álex Baobab Teatro
9 Cigarreiras Contraproducións / Teatro Romea
10 Comando Comadres Matrioshka Teatro
11 Cubo Elefante Elegante
12 Do pracer e da Morte A Feroz
13 Dolls, a mirada das que sobran Agulla Produccións
14 Drop Pistacatro produtora de soños
15 Eurovisión (O fake show) Bucanero
16 Gloria nacional Teatro do Noroeste
17 Hugo Os Náufragos Teatro
18 Leonardo e os Biosbardos A Xanela do Maxín
19 Libre coma os paxaros Teatro do Atlántico
20 Morgana en Esmelle Sarabela Teatro
21 O charco de Ulises Centro Dramático Galego
22 O neno Groba e Música OGCA
23 Othello Voadora
24 Quixote Pedras de Cartón
25 Reino de Extinción Amorodio Teatro
26 Serva me Servabo te Centro Dramático Galego
27 Soga e cinsa Aporía Escénica
28 Technocracia Funboa Escénica
29 Terceiro acto Centro Dramático Galego
30 Todo nunha noite Abismo Caracol

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.